A Xunta investirá este ano preto de 111.000 euros en obras de mellora nos centros educativos entre eles o CEIP de Quiroga

image_gallery (3)A delegada da Xunta, Raquel Arias, visitou o IES monfortino Daviña Rei para comprobar o estado das instalacións onde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previsto acometer durante este ano diversas obras de rehabilitación, ampliación e mellora.

No IES Daviña Rei, onde Arias estivo acompañada polo director, Isaac González, entre outros membros da directiva, procederase á renovación das fiestras. As obras, que se executarán durante o verán, suporán un investimento de 26.315,35 euros.

En conxunto, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará 110.726 euros a obras de mellora de diversa consideración en doce centros de ensino da Zona Sur da provincia.

A delegada territorial salientou o importante desembolso que a Xunta está a realizar en mellorar, reparar ou ampliar as instalacións dos centros educativos na provincia de Lugo, o que, ó seu entender, “é un exemplo claro da aposta que se fai en Galicia polo ensino público”. “Un ensino de calidade, ademais dunha boa docencia, require instalacións axeitadas e neste contexto hai que enmarcar todas estas obras de rehabilitación, ampliación e mellora”, subliñou.

Polo seu importe, máis de 27.000 euros, cabe destacar a renovación do chan do pavillón do IES Lama das Quendas de Chantada; o cambio de persianas e porta de aluminio previsto no CEIP Virxe do Carme de Sober ó que se dedicarán pouco máis de 12.000 euros; os preto de 18.000 euros que servirán para acometer a segunda fase do saneamento e a pertinente revisión eléctrica do CEIP de Quiroga e os preto de 10.000 euros para o planetario do IES A Pinguela.

Ademais de obras menores de diversa índole, como o cambio dunha porta ou a ampliación da sala de profesores, entre outras actuacións, prevista no CEIP de Monforte, nas que se investirán 7.453,6 euros, as intervencións do RAM do presente exercicio tamén inclúen a realización das periódicas e obrigatorias revisións eléctricas.

También te podría gustar...