A Xunta e o Concello de Celanova acordan a cesión do centro comarcal “Torre medieval” ao concello
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou onte co alcalde de Celanova, José Luis Ferro, o convenio de cesión do Centro Comarcal ao Concello. Trala sinatura na Casa do Concello, -na que tamén estivo presente o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez- realizaron unha visita ás instalacións do mesmo.
A Xunta considera que a cesión deste centro ao Concello é un exemplo de racionalización de recursos e de cooperación entre Administracións, xa que se logra aproveitar e maximizar o uso de espazos ao servizo do cidadán.
O Centro Comarcal de Celanova, atópase en Vilanova dos Infantes, aos pes da Torre do Homenaxe e o concello pretende convertelo en referente turístico como punto de información de todos os concellos das Terras de Celanova
O proceso de cesión enmárcase dentro da aposta do Goberno galego pola racionalización da Administración co obxectivo fundamental de evitar duplicidades e gañar en eficiencia sen menoscabar os servizos ofertados aos cidadáns.