A Xunta destaca a importancia de incentivar o emprendemento orientado a muller rural

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou hoxe na á inauguración do XI Foro da Igualdade da Federación de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) - Xunta

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou hoxe na á inauguración do XI Foro da Igualdade da Federación de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) – Xunta

A Xunta destaca a importancia de incentivar o emprendemento orientado a muller rural.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou hoxe na á inauguración do XI Foro da Igualdade da Federación de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), onde destacou que un dos obxectivos do seu departamento é incentivar o emprendemento orientado á muller rural.

López Abella incidiu que a integración de xénero no medio rural é un elemento estratéxico non soamente para promover a igualdade entre homes e mulleres senón tamén para o crecemento económico e un desenvolvemento pleno e duradeiro do medio rural, xa que constitúe unha garantía de futuro para toda a sociedade.

Na mesma liña, destacou que é absolutamente imprescindible que tanto a incorporación ao traballo da muller rural coma a busca de nichos de riqueza aínda inexplorados, se realicen a partir dunha crecente dinamización e diversificación da economía rural e do seu emprego, nun proceso que encontra os seus mellores actores posibles en mulleres que, cada vez máis preparadas e mellor motivadas, están dispostas a desenvolver fontes de riqueza complementarias ás que a economía rural achega por tradición e natureza.
A titular de Igualdade incidiu na importancia de seguir traballando para potenciar a incorporación das mulleres rurais ás oportunidades do mercado de traballo, e a Administración galega traballa no fomento de novas actividades que permitan unha transformación máis competitiva para o avance do medio rural, xerando así novas oportunidades de emprego, especialmente para as mulleres.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou hoxe na á inauguración do XI Foro da Igualdade da Federación de Mulleres Rurais de Ourense

También te podría gustar...