1Fachada-Deputacin-300x213A xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou axudas por importe de 398.367 euros para 95 clubs e escolas deportivas da provincia de Ourense. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montse Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 4 de setembro. Tamén se aprobaron 82.976 euros para axudas nos ámbitos referidos a infraestruturas, actividades culturais e deportivas e aforro enerxético para os concellos de  Amoeiro (para abastecemento municipal: 16.575 euros), Cartelle (para actuacións deportivo-culturais do ano 2015: 20.000 euros), Celanova (para gastos de mantemento do Servizo da Escola Infantil Municipal: 25.000 euros), Melón (para proxecto de aforro e eficiencia enerxética: 8.665 euros), e Ramirás (para conservación e mantemento da Casa do Concello: 12.735 euros). Asemade, aprobáronse achegas por importe de 100.000 euros para asociacións veciñais da provincia de Ourense.