A Xunta apoia o Salón do Transporte e a Loxística que acollerá en exclusiva a presentación das últimas novedades en vehículos industriais

DSC_6959  

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou onte a mañá na rolda de prensa de presentación de Nortrans, Salón do transporte e a loxística, que celebrará a súa décima edición os días 26 e 27 de xuño no recinto feiral de Expourense.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección xeral de Mobilidade, patrocina esta feira na que participarán máis de medio cento de expositores representantes de empresas relacionadas co sector. Así contará coa presenza de importantes empresas carroceras de España e Portugal, ademais doutros servizos como recambios, xestorías, consultorías,  seguridade e localización GPS, reparación, etc. Por procedencia, Galicia é a comunidade autónoma que conta cun maior número de expositores (o 46%), seguida de Madrid, Euskadi e Cantabria. Así, este evento consolídase como unha das principais citas do sector na Península Ibérica, servindo como foro de debate e establecéndose como encontro profesional no que algunhas empresas presentarán en exclusiva para España a súa nova gama de produtos.

DSC_6933  

Rogelio Martínez, na súa intervención, destacou as liñas de actuación da Xunta de Galicia nesta materia. Polo que respecta ao transporte de mercadorías, as actuacións da Administración autonómica van encamiñadas a garantir a  competitividade das empresas galegas nun sector liberalizado onde continuamente aparecen novos retos aos que facer fronte. Canto ao transporte de viaxeiros, o delegado territorial apuntou que “o Goberno galego aposta por garantir a mobilidade dos cidadáns, así como a viabilidade dos servizos e, en consecuencia, das empresas de transporte, levando sempre un uso eficiente dos fondos públicos”.

Segundo o máximo representante da Xunta en Ourense, este salón “vai favorecer o intercambio de experiencias, de inquedanzas e de achegas entre administracións, asociacións, empresarios e traballadores relacionados co mundo do transporte, na procura de facer un sector cada vez máis eficaz, máis competitivo e máis implicado no desenvolvemento de Galicia, e do conxunto do noroeste peninsular”.

Para facilitar este contacto directo entre Administración e empresas, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, contará cun posto informativo das últimas actuacións deste departamento. Ademais, a implicación da Xunta de Galicia con Nortrans 2015 complétase coa participación nas Xornadas Técnicas sobre Transporte de Mercadorías e Viaxeiros, que contan co apoio do Igape e da Dirección Xeral de Mobilidade.

A edición deste ano foi elixida para que algunhas empresas máis importantes do sector do transporte de mercadorías e viaxeiros presenten en exclusiva para España a súa nova gama de produtos. Así, UNVI presentará o modelo “Vega XL” sobre base Volkswagen Crafter,e a empresa de servizos SEUR aproveitará para dar a coñecer a súa nova dimensión internacional, como integrante de DPDgroup, que reforzará a capacidade operativa da compañía a nivel europeo.

También te podría gustar...