A Xunta achega 340.000 euros para axudar ao funcionamento de 175 asociacións de voluntarios de protección civil de Galicia

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A edición de onte do DOG publica a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150825/AnuncioG0244-190815-0002_gl.pdf

En total, achegaranse 340.000 euros ás agrupacións de 175 entidades locais, 173 de concellos e 2 das mancomunidades do Ribeiro (Ourense) e Val Miñor (Pontevedra). Por provincias, a máis beneficiada foi a da Coruña con 57 asociacións e 110.675 euros. Síguelle Ourense, con 55 asociacións e 100.097 euros; Lugo, con 33 asociacións e 61.313 euros; e Pontevedra, con 30 asociacións subvencionadas cun total de 67.913 euros.

Con estas axudas preténdese colaborar economicamente coas Asociacións de Voluntarios de Protección Civil nos gastos de natureza corrente, o que posibilitará o funcionamento destas entidades dentro dos seus concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.

Así, as subvencións poderán ser investidas en equipamento e vestimenta persoal de uniforme; equipos de prevención e protección; gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo pola agrupación en materia de protección civil e gastos de conservación, mantemento e/ou aluguer da súa base e medios de intervención, aplicacións informáticas e de comunicacións, entre outros.

Para a concesión destas axudas estudáronse unha serie de criterios obxectivos de avaliación como son o número de mobilizacións con asistencia ás emerxencias, a ratio de voluntarios por cada mil habitantes, o risco potencial de emerxencias -establecido polo Platerga-; ou a antigüidade e a atención da AVPC ao servizo 24 horas, por exemplo.

Estas axudas súmanse a outras concedidas recentemente aos concellos que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, co obxecto de dotalos de mellores medios materiais. Para este fin a Vicepresidencia investiu máis de catro millóns de euros cos que se repartiron 41 furgóns e aos que proximamente se lle sumarán outros tantos todoterreos, 41 remolques de emerxencias, 33 esparexadores de sal, 18 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate e 20 carpas presurizadas cos seus remolques.

También te podría gustar...