A Xunta abre hoxe o prazo de inscrición do novo programa ‘Xuventude promete’ para fomentar o emprendemento

xunta-de-galicia-300x135A Consellería de Traballo e Benestar vén de abrir hoxe o prazo de inscrición do novo programa ‘Xuventude Promete’ co que se pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego entre os mozos e mozas de entre 14 a 18 anos a través de estadías emprendedoras (living lab) de tres días de duración no albergue xuvenil Lug2 nos meses de febreiro e marzo. O que se intentará é axudar aos participantes a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa. Polo tanto, trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal, fomentado ideas innovadoras a través da creatividade.

Os principios básicos do programa son a posta en valor da iniciativa, a creatividade, o sentido crítico, a capacidade de comunicación, o traballo en equipo e o compromiso. A iniciativa inclúe diversos workshops relacionados co mundo das ideas e do emprendemento, ademais de incluír visitas de emprendedores que amosarán a súa experiencia.

Existen dúas modalidades de participación: individual o a través de centros escolares, cun máximo de 16 participantes por quenda. Para os institutos o límite máximo de prazas é de 8 e, ademais, a inscrición deberá realizala o centro de ensino correspondente. En concreto, esta modalidade está dirixida ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e ciclo de grao medio.

A inscrición realizarase unicamente na modalidade en liña desde a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado; www.xuventude.netnova venta. O prazo para anotarse rematará o 9 de febreiro ás 14,00 horas.

Unha vez comunicada a adxudicación de prazas por correo electrónico, a persoa solicitante ou o centro educativo disporá dun prazo máximo de 5 días para enviar a documentación correspondente. No caso contrario, poderá ser excluída do programa.

También te podría gustar...