A saída de vía dun turismo se salda cun ferido grave en San Cristovo de Cea

san_cristovo_de_ceaUnha persoa resultou ferida de gravidade tras saírse da vía o vehículo no que circulaba polas proximidades do camposanto de San Cristovo de Cea.

A persoa foi localizada inconsciente no interior do coche por varios veciños que chamaron de inmediato ao 112 Galicia. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias se solicitou a colaboración de Protección Civil do Carballiño, Urxencias Médicas e Garda Civil de Tráfico. O accidente se produciu cando faltaban cinco minutos para as seis desta tarde.

También te podría gustar...