A residencia de maiores de Carballino acolle a homenaxe dunha centenaria de Boborás

Centenaria

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, sumouse esta mañá á homenaxe a Dolores Paradela Valiñas que hoxe cumpre 100 anos. Os actos foron organizados pola Residencia do Carballiño para Maiores con Autonomía -dependente da Consellería de Traballo e Benestar- onde Dolores Paradela leva ingresada 7 anos e incluíron unha comida cos seus familiares e unha actuación musical do grupo de gaitas do Centro Sociocomunitario de Ourense. Rogelio Martínez acudiu a localidade ourensán do Carballiño para darlle os seus parabéns á centenaria e na visita estivo acompañado polo xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, e polo alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, municipio de donde é natural a anciá homenaxeada .