A Policía Autonómica imputa o presunto autor dun incendio forestal no concello ourensán de Nogueira de Ramuín

policia-localAxentes da Policia Autonómica da Xefatura de Ourense veñen de informar da imputación dun veciño de Cea, coma presunto autor dun incendio forestal.

O incendio produciuse no lugar de Viñoas-Nogueira de Ramuín, ocasionado por unha máquina desbrozadora, entre as 18.30 e as 22.00 horas, o pasado 21 de xullo e foron afectados 8.000 metros cadrados de arborado. Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense.

A Policía Autonómica leva detidas ou imputadas un total de 42 persoas no que vai de ano, coma presuntas autoras de incendios forestais.