A Policía Autonómica imputa ao presunto autor dun incendio forestal no concello ourensán da Peroxa

Pequeño incendio en A RuaAxentes da Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Ourense veñen de informar da imputación do presunto autor dun incendio forestal no Concello da Peroxa, en Ourense.

O lume que se lle imputa produciuse o pasado domingo, 24 de maio, no lugar de Vilarrubín e afectou a unha superficie de 5.200 metros cadrados de monte arborado. A orixe das lapas foi a mala extinción dunha queima na que non se adoptaron as medidas de seguridade preceptivas. Ademais o imputado carecía de comunicación de queima, posto que ese día os permisos estaban suspendidos por mor da climatoloxía.

As dilixencias foron trasladadas ao Xulgado de Instrución nº 2 de Ourense. No que vai de ano, un total de 16 persoas foron imputadas pola Policía Autonómica por delitos relacionados con incendios forestais.

También te podría gustar...