O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, visitou esta tarde na Casa da Xuventude de Ourense, a mostra “Nimbos de luz”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, visitou esta tarde na Casa da Xuventude de Ourense, a mostra “Nimbos de luz”

 

A mostra itinerante ‘Nimbos da luz’ que rende tributo ao autor das Letras Galegas 2014 chega A Rúa, dentro do periplo por 15 concellos galegos.

Tras o seu paso pola Casa da Xuventude de Ourense a mostra viaxará ata A Rúa, onde se poderá visitar na Casa da Cultura do 18 de outubro ao 3 de novembro.

A mostra rematará a súa itinerancia no derradeiro mes do ano no concello ourensán de Celanova (do 16 ao 30 de decembro), logo de facer parada no concello coruñés de Cee (do 1 ao 14 de decembro).