1 1 2015 Dron

 

A Deputación de Ourense realizará probas cos novos vehículos aéreos non tripulados (drons) para detectar surxencias termais. Así o explicou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, quen asistiu ás probas realizadas a pasada fin de semana na contorna das termas de Outariz, onde, con drons que levan incorporadas cámaras e sensores térmicos de distintos rangos espectrais leváronse a cabo experimentos para a detección de mananciais de auga termal.

A Deputación de Ourense anunciará nas vindeiras semanas a realización dun curso de capacitación para o pilotaxe destes apararellos, que converterá á institución no primeiro goberno provincial de España en apostar por esta acción formativa, segundo Manuel Baltar, quen afirma que a aplicación de drons para deteccións termais abre novas expectativas “pois permite indagar e descubrir novos mananciais y tamén realizar un seguimento en tempo real da temperatura das súas augas”, destacando a importancia que os drons “poden ter para as administracións con competencias en termalismo e para os balnearios”.

O emprego de drons no ámbito termal ofrece fiabilidade na detección a vantaxe dun baixo custe con respecto da fotografía satelital que se empregaba anteriormente, ademais da súa maior flexibilidade de cara a fixar criterios de busca más específicos.