A Deputación de Ourense soluciona a problemática do Conservatorio de Xinzo

A Deputación de Ourense, por medio dun acordo de Xunta de Goberno celebrada onte, soluciona a problemática existente no Conservatorio de Música de Xinzo de Limia, o que permitirá aos alumnos que quedaron fóra das prazas do conservatorio por motivos técnicos do propio Concello recibir formación musical e dispoñer de instrumentos para a dita formación.

Reunión Escola de Música de Xinzo

Logo das reunións celebradas entre alumnos e pais de alumnos con técnicos da Deputación, co vicepresidente do goberno provincial, Rosendo Fernández, e coa deputada Montserrat Lama, chegouse a un acordo que permitirá dispoñer de profesorado e instrumentos para impartir oito especialidades musicais e tres asginaturas comúns aos alumnos que non obtiveron praza no curso 2015-2016 no Conservatorio de Xinzo.

Neste senso, a Xunta de Goberno aprobou a creación da Escola elemental de música de Xinzo, cuxas clases impartiranse nas aulas da Casa de Cultura de Xinzo, as cales darán comezo o vindeiro 13 de novembro e rematarán o 25 de xuño de 2016.

También te podría gustar...