A Deputación de Ourense entrega mochilas-botiquín para os clubs de Balonmán de Ourense

1 1 2015 Mochilas bot

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, fixo entrega hoxe ao delegado da Federación Galega de Balonmán en Ourense, José Manuel Pérez Otero, dun lote de mochilas-botiquín, que irán destinadas aos clubs de balonmán da provincia de Ourense. Con este acto, que tivo lugar na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, a Deputación de Ourense quere amosar o seu apoio e colaboración co deporte provincial. Ademais dos elementos necesarios para curas de primeiros auxilios as mochilas-botiquín están equipadas con férulas hinchables que son utilizadas para inmobilizar determinadas extremidades en caso de lesión. O acto contou tamén coa presenza do presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro; o directivo Lisardo Pérez Fernández; o representante do Comité de Árbitros, Alfonso Canitrot, e o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.

También te podría gustar...