1 2015 MB e alcalde OU 1

 

A Deputación de Ourense afronta o novo período de financiamento como unha oportunidade para impulsar os cambios postos en marcha nos últimos anos, así como para consolidar un novo modelo de Administración Local máis áxil, eficiente e sostible. A partires desta premisa, a Deputación xa está a traballar para optimizar tanto o acceso como a utilización dos fondos e os resultados que finalmente se alcancen. Este traballo estase desenvolvendo dende a óptica da anticipación, tanto á hora de planificar como de implementar iniciativas que poidan converterse nun referente para outras administracións locais.

A Deputación de Ourense asume o seu papel coordinador e de ente supramunicipal e é consciente da importancia de aglutinar aos 92 concellos da provincia. Se ben, todos os concellos teñen o seu papel por igual, o concello de maior peso e poboación da provincia é o Concello de Ourense, capital da provincia.

Por elo, o presidente da Deputación de Ourense convocou ao alcalde de Ourense a unha reunión na que lle explicou as liñas mestras que se considera que forman parte do libro de ruta a seguir para desenvolver o futuro da provincia. Neste reunión, celebrada hoxe, propúxose a posibilidade de que o Concello de Ourense participe da iniciativa, dado que o Concello de Ourense é un máis dos 92 concellos da provincia.

Froito da reunión, na que se destacou a importancia de presentar unha provincia con 92 concellos unidos ante o futuro, o alcalde de Ourense comprometeuse a estudar en profundidade a proposta dado que debe haber unha colaboración institucional co fin de enfrontarse como unha fronte común aos difíciles retos que ten a provincia por diante.

Dita proposta ampliarase ao resto dos concellos da provincia de forma que o futuro da provincia estea en mans dos 92 concellos da provincia, coa colaboración e coordinación dun ente supramunicipal como é a Deputación Provincial de Ourense, no seu papel de aglutinador de iniciativas.

A Deputación de Ourense asumiu que é preciso evolucionar e ten a firme vontade de ser unha institución pioneira. Por elo, xa se implementaron varias iniciativas novidosas e quere seguir sendo un elemento tractor e inspirador do cambio para outras administracións. Por elo e porque xa conta cun historial innovador, unha das súas prioridades é a posta en marcha de proxectos novidosos no ámbito da administración local.

A día de hoxe, a Deputación identificou catro grandes ámbitos nos que xa está traballando que é preciso consolidar e potenciar no novo plan. Trátase de catro áreas prioritarias sobre as que empezar a definir as actividades susceptibles de ser financiadas con fondos europeos e que se completarán con novos proxectos concretos a medida que se identifiquen novas necesidades ou se opte a convocatorias concretas.