A Deputación de Ourense celebra onte a súa «Xornada de portas abertas» con visitas guiadas e actividades didácticas

1A A A MB e Xorn Portas abertas 14

 

A Deputación de Ourense celebrou onte a súa «Xornada de portas abertas», unha actividade que xa se iniciara o ano pasado coa conmemoración dos 180 anos de existencia da división do Estado español nas actuais provincias. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou na primeira das visitas guiadas ao Pazo Provincial explicándolles aos visitantes a historia da institución e a súa organización, así como as peculiaridades e a evolución do edificio que alberga o goberno provincial, a estrutura organizativa da Deputación e os servizos que presta a concellos e cidadáns. As visitas inclúen un percorrido polo despacho do presidente, a Sala de Xuntas e o Salón de Plenos da Deputación de Ourense.

A xornada de portas abertas prolongarase ao longo de todo o día. Pola mañá o público puido visitar o Pazo Provincial e pola tarde, en horario de 17.00 a 19.30 horas, ademais da sede do goberno provincial, tamén se poderán realizar visitas guiadas ao Centro Cultural «Marcos Valcárcel».

Libro sobre a historia provincial

Este ano a Deputación agasalla aos visitantes cun libro que recolle a historia dos 180 anos da provincia, titulado A historia provincial e o seu goberno. Coincidindo co 180 aniversario da creación das provincias modernas e da Deputación Provincial, o pasado ano a Deputación de Ourense xa realizara con notable éxito a «1ª Semana escolar da provincia e a súa Deputación». Nesta experiencia participaron 38 centros educativos e 8.661 alumnos e docentes da provincia de Ourense. «O grande interese por esta iniciativa fixo que levásemos a cabo –explica Manuel Baltar- este novo proxecto divulgador para entender a historia e a realidade da provincia de Ourense e do seu goberno».

De aí nace a «2ª Semana escolar da provincia e a súa Deputación», que afonda nos contidos dende unha perspectiva didáctica, tendo á transparencia e a divulgación como eixos da forma de entender o goberno da provincia moderna. Por elo agradecemos aos centros e ao profesorado a súa implicación nesta aventura cultural e confiamos na utilidade do proxectos de implantar o coñecemento da provincia na escola, que pretende ir máis aló das materias específicas da xeografía e da historia para afondar no amor propio como reflexo inmediato do universal. Velaí un xeito de sementar futuro e ourensanía», afirma Manuel Baltar.

También te podría gustar...