A Deputación de Lugo reduce á metade os seus gastos de telefonía

telefonoO voceiro do Goberno provincial de Lugo, Manuel Martínez, informou de que a Deputación reduciu nun 51% os gastos de telefonía, cun aforro de 180.000 euros ao ano, grazas ás medidas adoptadas nos dous últimos exercicios e á unificación dos «contratos de telefonía fixa, móbil e banda larga».

Martínez explicou que as decisións adoptadas permitiron rebaixar nun 37% a factura por gastos de telefonía «nos dous últimos anos», ao reducir a 78 o número de liñas móbiles operativas, aplicar límites de consumo ou restrinxir as chamadas saíntes, especialmente as internacionais.

Coa unificación dos tres contratos, a Deputación de Lugo reducirá noutro 14% o gasto de telefonía, ata sumar un 51% de aforro.

Por outra banda, Martínez afirmou que ao «centralizar o servizo da internet da Deputación, de 48 casas consistoriais e doutras tantas prazas públicas equipadas con wifi», Lugo contará coa «mellor rede interadministrativa dunha entidade pública en Galicia».

También te podría gustar...