A Deputación apoia ao acordeonista internacional ourensán Víctor Prieto

1 1 1 1 1 1 1 1 MB e VP

 

O presidente da Deputación de Ourense recibiu onte no Pazo Provincial ao acordeonista ourensán Víctor Prieto quen desenvolve hai anos o seu labor profesional en Nova York, sendo un referente do jazz. Manuel Baltar destacou «a creatividade e o talento profesional de Víctor Prieto» e tamén o compromiso que mantén con Ourense «como se pon de manifesto na máster class de acordeón que o músico organiza na súa localidade natal de Mugares (Toén), con participantes internacionais, e que o vindeiro ano contará co apoio da Deputación de Ourense para realizar ademais da actividade formativa un concerto musical». Na súa visita á institución provincial, Víctor Prieto asinou no Libro de Honra da Deputación, convidado polo presidente Manuel Baltar, quen afirmou que o goberno provincial «apoia e está ao carón de persoas que levan o nome de Ourense polo mundo adiante desenvolvendo actividades destacadas, como é este caso, no ámbito da creatividade cultural e musical».