A Consellería desatende ao Valedor do Pobo no caso do TAC do HCV

Pancarta Hospital

A Consellería desatende ao Valedor do Pobo no caso do TAC do HCV, ao non enviar ao valedor do pobo o informe solicitado con respecto ao TAC do HCV.

Esto o que nos incida a Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras.

O Defensor do Pobo fixo chegar á Xunta de Persoal do Hospital Comarcal de Valdeorras un escrito no que nos comunica que, en relación coa queixa que esta Xunta envioulle con referencia á eterna petición dun novo TAC para o noso hospital, non pode avanzar xa que o informe requirido á Consellería de Sanidade non lle foi enviado, malia a obrigación legal que teñen de facilitarllo.

Covadonga Anton Fernandez, Presidenta da Xunta de Persoal, considera que ao entender da Xunta de Persoal ‘é unha mostra máis da pouca ou nula intención que ten o Sergas de solucionar o problema, porque aínda que o Sr. Feijóo anunciase aos catro ventos que, dentro do novo proxecto socio-tecnolóxico, contemplábase a dotación dun novo TAC para o Hospital Comarcal Valdeorras, non nolo creemos’.

Para a Xunta de Persoal isto non é algo novo xa que indican que esta dotación do novo TAC estivo incluído en máis proxectos e a día de hoxe segue sen ser comprado, ademais do feito de que non se contempla nos novos orzamentos deste ano.

Manifestan que están convencidos de que foi un anuncio totalmente “electoralista”.

Dende a Xunta de persoal indican que ‘seguimos reiterando a necesidade urxente de dotar ao Hospital Comarcal de Valdeorras dun aparello de TAC novo e de última xeración, algo que a Consellería de Sanidade débelle dende fai tempo a toda a poboación valdeorresa’.

También te podría gustar...