A Consellería de Medio Rural e do Mar tranquiliza sobre o mexillón galego

mexillonsA Consellería de Medio Rural e do Mar tranquiliza sobre o mexillón galego e afirmou que todo o mexillón que se consume ‘polas canles legais’ e sae das bateas galegas non supón ningún ‘problema’ para o consumidor.

Foi a resposta saíndo ao paso da alerta sanitaria decretada por Francia esta semana ante a posibilidade de que mexillóns galegos estivesen implicados nun caso de toxicidade detectado no país.

Dende a Consellería recordouse que «non é a primeira vez» que un país da UE decreta unha alerta sobre ‘unha posible toxicidade’ con mexillóns procedentes de España e Galicia e que ‘en ningún caso se puido acreditar’ ou vincular a orixe da devandita toxicidade co produto galego, para despois criticar que ‘o máis doado’ é achacar a culpabilidade á Comunidade Autónoma.

También te podría gustar...