A consellería de Cultura e Educación pecha a resolución definitiva dos contratos-programa para apoiar os programas de mellora da calidade educativa en 348 centros educativos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu hoxe o paso definitivo para que o proxecto de Campus da Auga de Ourense se converta nunha realidadeA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pechou esta mañá a resolución dos centros que asinarán contratos-programa para este curso 2014-2015, un total de 348 centros educativos, o que supón un incremento respecto dos 334 que os subscribiron no 2013/2014. Este incremento pon de manifesto tanto o esforzo da propia Consellería como o compromiso dos centros educativos – que a Xunta agradece, como non podería ser doutra forma- e a eficacia das actuacións.

As distintas actuacións dos contratos-programa comportan un gran esforzo da Consellería, tanto na dotación de profesorado como na asignación de recursos económicos para gastos de transporte e funcionamento. Así, nos próximos días incorporaranse 95 profesores aos centros que desenvolven estas iniciativas, cifra moi similar á do curso pasado, ademais dos fondos adicionais que lles concede aos centros para que o profesorado en plantel asuma a impartición destes programas, e que este ano ascenden a máis de 3,6 millóns de euros.

Neste sentido cómpre lembrar que a subscrición dun contrato-programa non implica necesariamente a dotación de persoal docente a maiores. En calquera caso, a dos contratos-programa é unha iniciativa voluntaria á que os centros poden ou non optar, e pola que a Consellería aposta como ferramenta para a loita contra abandono o abandono temperán, o éxito escolar e, polo tanto, a mellora da calidade educativa.

De feito cómpre sinalar que, entre outras accións desenvolvidas desde a Consellería, os contratos-programa teñen contribuído a un descenso moi significativo da taxa de abandono educativo temperán. Non en balde, Galicia rexistrou no ano 2014 unha taxa media de abandono educativo temperán do 18,5%, que no último trimestre do ano foi do 16,4%, a taxa máis baixa rexistrada na historia.

También te podría gustar...