A CIG-Valdeorras responsabiliza a UGT e CCOO da ‘perda histórica de dereitos’ no sector da pizarra

Confederacion Intersindical Galega

A CIG-Valdeorras responsabiliza a UGT e CCOO da ‘perda histórica de dereitos’ no sector da pizarra. É o que afirma a CIG-Valdeorras nun tríptico que está a repartir tras que os dous sindicatos nacionais firmasen o último acord0 con a AGP.

Con esa firma indican que os traballadores do sector van a ter a perda dos seguintes dereitos:

  • Desaparición da antigüidade,  polo que non se perciben cantidades en función do tempo traballado.
  • Redución do periodo vacacional, 30 días naturais a disfrutar de común acordo entre empresa e o traballador cando antes eran 21 días laborables, dos que obrigatoriamente 11 tiñan que ser no verán.
  • Necesidade de recuperar horas perdidas por inclemencias no tempo. Antes había o dereito a percibir o 50% do salario durante 10 días ao ano, ou o 100% no caso de que o desprazamento á canteira xa se tivera iniciado. Agora hai que recuperar hora por hora todas as xornadas perdidas por nevadas, temporais etc.
  • Ausencia de indemnizacións por enfermidade profesional. O persoal que acabe en invalidez por, por exemplo, silicose, deixa de cobrar os 34.000 € que hai establecido para o accidente de traballo. Recordemos que cada ano se detectan máis de 40 casos de silicose.
  • Reducións na prestacións das baixas. Pásase de cobrar o 100% desde o día 28 da baixa e de forma indefinida, a cobrar o 90% por un máximo de 6 meses.