A arriscada ‘Coma e punto’ no TLO

  • Antagonista Teatro presenta hoxe venres, 13 de maio, ás 21:00 horas no Teatro Lauro Olmo ‘Coma e Punto’
  • Coma e punto, unha aposta teatral arriscada, foi estreada o pasado 5 de maio no Auditorio de Ourense
  • A obra, aborda o suicidio dun home

1425c2d6fd-Portada_001

 

Coma e Punto é un berro inxénuo contra o medo. ¿Canta dose de humor colle nun funeral? ¿Canta tristura nun aniversario?

Un home camiña sobre unha corda frouxa cunha maleta na man antes de fantasear sobre cantos xeitos hai de morrer.

El e ela atopábanse todos os días na rúa, mais namoraron debaixo dunha cerdeira en flor. Cambiar de traballo, vivir xuntos, celebrar cada aniversario e sorrir á persoa que amas. A vida, porén, tiña outros plans para eles.

 

  • Texto orixinal: Vincent Auzillon
  • Tradución: Jose Vaquero
  • Espazo escénico e vestiario: Diego Valeiras
  • Iluminación: Diego Valeiras e Fernando González
  • Espazo sonoro: Luis Pequeno
  • Fotografía: Aitor Uve
  • Interpretación: Laura Míguez e Jose Vaquero
  • Versión e Dirección: Fernando González

 

Antagonista Teatro

Antagonista Teatro nace no ano 2015 da man de Jose Vaquero e Javier Octavio de Toledo. Xorde do desexo de levar a nosa experiencia e inquedanzas teatrais ao terreo profesional. Como primeiro espectáculo eliximos levar a cabo unha ampliación do que foi o noso proxecto final de estudos na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Coma e Punto.

A posibilidade de construir un teatro persoal e libre de constricións é o motor que impulsa os primeiros pasos dunha compañía que desexa perdurar no panorama teatral galego. O noso traballo constrúese a partir de nós mesmos e as nosas vivencias, para dar lugar a unha linguaxe contemporánea e moi persoal.

Antagonista Teatro defende a necesidade dun teatro que entreteña mentres invita aos espectadores a mirar ao seu arredor e reflexionar sobre o seu mundo.

También te podría gustar...