A aprobación inicial do orzamento da Deputación de Ourense para o 2017 na comisión Especial de Economía

  • A comisión Especial de Economía aborda a aprobación inicial do orzamento da Deputación de Ourense para o 2017

As comisións informativas da Deputación de Ourense celebran as súas reunións onte mércores, 21 de setembro e hoxe xoves, 22 de setembro, no Pazo Provincial. Nas xuntanzas de hoxe, nas que se celebrarán as comisións de transparencia, facenda e cooperación, trataranse temas coma a aprobación inicial do orzamento xeral do goberno provincial para o 2017, a Relación de Postos de Traballo da Deputación para o 2017, así como, as bases para a elaboración do Plan Provincial de cooperacións ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial para o vindeiro ano, entre outras cuestións. Ao día seguinte será a quenda para as comisións informativas de cultura, termalismo e igualdade

1fachada-deputacin-ouConcretamente, na comisión informativa Especial de Contas e de Facenda e Economía da Deputación de Ourense abordará a aprobación inicial do orzamento xeral do goberno provincial para o 2017 que ascende a 77 millóns de euros e, pola súa parte, na comisión de Transparencia e Administración Provincial tratarase a aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo da Deputación para o exercicio 2017.

Pola súa banda, na última reunión da xornada, celebrarase a comisión de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural na que se abordarán as bases para a elaboración e execución do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial para o ano 2017, nas cales se contempla que o investimento previsto na rede viaria provincial é de 2.000.000 euros, mentres que no apartado de investimento previsto en obras municipais é de 5.363.500 euros, dos cales 5.087.500 euros serán destinados á execución material das obras, e 276.000 euros para servizos complementarios a dita execución.

Polo tanto, o investimento por termo municipal é de 58.000 euros, sendo 55.000 euros os destinados ao financiamento da execución das obras, e 3.000 euros para os servizos complementarios das obras. Asemade, o investimento asignado a cada concello poderá dedicarse a unha ou varias obras, a elección dos concellos, podendo supoñer o seu financiamento íntegro ou parcial, sempre e cando as obras correspondan a competencias municipais.

Outro dos asuntos a tratar na reunión será a resolución do recurso no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra de mellora da estrada provincial «OU-0415 Brués-Portela da Cruz», no municipio de Beariz. Por último, abordarase a modificación do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e rede viaria provincial do exercicio 2015, relativa ás obras municipais de Leiro, incorporando a dito plan a obra «mellora enerxética en Leiro», en lugar da obra «reconstrución pasarela peonil en Leiro», cun orzamento de 50.000 euros.

Hoxe xoves, na comisión de Cultura, Deportes e Mocidade falarase da aprobación da programación anual da Escola de Artes e Oficios do curso 2016-2017, na que se contemplan as seguintes accións formativas: debuxo e iniciación á pintura, perfeccionamento en pintura, talla de madeira, modelado, e olería e esmalte de cerámica. O calendario do curso comezaría o 1 de novembro ata o 30 de xuño de 2017, durante os cales se impartirán tres horas de docencia diarias de cada disciplina en días hábiles de luns a venres.

Os interesados en participar poderán inscribirse durante os días 30 de setembro ao 30 de outubro de 2016, ambos incluídos. A inscrición realizarase no Centro Cultural «Marcos Valcárcel».

En canto aos prezos para participar nas accións formativas é de 50 euros a matrícula anual por disciplina, e o abono mensual por disciplina é de 10 euros por alumno ao mes. A matrícula debe ser pagada no momento da inscrición e o pago da cota mensual deberá efectuarse nos primeiros cinco días de cada mes. Para os alumnos desempregados ou que formen parte dunha unidade familiar na que os dous proxenitores se atopen en situación legal de desemprego, aplicaríaselle unha bonificación do 100%. Igualmente, aplicaríase a mesma bonificación, tanto na matrícula como no abono mensual, ás persoas con síndrome de Down e persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%.

Outro dos asuntos da reunión será dar conta da aprobación da programación anual e prezos públicos da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense 2016-2017.

Por último, na comisión informativa de Igualdade, Benestar e Emprego, abordarase o programa de cooperación para o cofinanciamento cos concellos de menos de 20.000 habitantes, da adquisición de desfibriladores, coa finalidade de contribuír a que a provincia de Ourense teña a consideración de provincia cardioprotexida.

As bases do Programa contemplan que poderán beneficiarse desta axuda, os concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes. A axuda concedida a cada concello acadará unha porcentaxe do 50% do importe da adquisición, co límite máximo de 1.977 euros de achega provincial. A contía orzamentaria dispoñible para estas axudas para o exercicio 2016, é dun importe máximo de 63.000 euros.

También te podría gustar...