A Amtega celebra o 24 de marzo unha xornada para presentar o proxecto de innovación social dixital “Cemit-Innova”
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec, presenta o vindeiro martes 24 de marzo o proxecto “CeMIT-Innova: Fomento da innovación social dixital”, nunha xornada que terá lugar a partir das 9:30 horas da mañá, no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura.
O encontro CeMIT-Innova,está dirixido a explicar en que consiste este marco conceptual da innovación aos formadores e usuarios das aulas da rede CeMIT, voluntarios dixitais, entidades e organizacións locais, de acción social, empresas e persoas ouu organizacións interesadas na innovación social dixital.
Encontro CeMIT-Innova: Unha xornada para a innovación social dixital
A primeira parte da xornada, baixo o título ‘As aulas CeMIT, novos espazos para a innovación Social Dixital’, dedicarase á reflexión sobre o que significa a innovación Social Dixital e como levala a cabo.
Disertarán sobre esta marco conceptual, Concepción Galdón, directora xeral de Pontes Global e Coordinadora de ‘Área 31’, espazo de innovación e emprendemento de IE Business School; e Ana Álvarez, consultora especialista en cambio e dinamización de espazos.
O segundo bloque do evento será o de exposición de casos de éxito, e presentaranse as experiencias ‘Fraguando a Diversidade’, proxecto do IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela) no campo audiovisual; ‘Emprega Oroso’, portal de emprego impulsado polo centro CeMIT e o concello e Oroso; e os traballos de ‘Espazo Arroelo’, espazo de coworking en Pontevedra.
O último bloque da xornada estará destinado á realización de talleres, nos que a través de dinámicas de grupo e utilizando técnicas de creatividade e ‘desing thinking’, preténdese traballar na identificación de desafíos locais a resolver desde o enfoque da Innovación Social Digital.