A agrupación O Fiadeiro no Teatro Lauro Olmo este sábado

agrupación o Afiadeiro

Como indica a web do Concello de O Barco, este vindeiro sábado día 11, estará no Teatro Municipal Lauro Olmo de O Barco a agrupación O Fiadeiro de Vigo, que representará un espectáculo de danza e música galega.

Este acto forma parte do programa Danza a 3 que promove a AGADIC en colaboración co concello do Barco.

A cita vai ser a partires das 20:00h e lembrar que a entrada será gratuíta ata completar aforo.

Sobre O Fiadeiro

O Fiadeiro é unha das agrupacións de folclore galego máis recoñecidas, que interpreta danzas recuperadas das catro provincias galegas cos seus vestiarios propios e sempre en estreita colaboración cos diferentes grupos de acompañamento da agrupación. Obteñen igualmente diversos premios así coma os de mellor bailador ou á mellor parella de baile nas Xornadas de Danza e Música Tradicional de Vigo ou no concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira da vila de Bandeira, participando en grandes eventos tanto na xeografía española coma no estranxeiro: Festival Intercéltico de Lorient na Bretaña Francesa en sucesivas ocasións e como representantes de Galicia ou no Festival Intercéltico Céltica no val italiano de Aosta.

También te podría gustar...