79 persoas atendidas polo 061 en 46 accidentes de circulación durante a fin de semana

061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 79 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 7 de novembro, ata as 23:59 horas do domingo, 9 de novembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 17 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 79 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 49 e o 51 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 53 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 49 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 20 sinistros de tráfico respectivamente durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña
17
Lugo
5
Ourense
4
Pontevedra
20

Galicia

46

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a dúas persoas, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 53 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.

En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do incidente.

También te podría gustar...