30 Festival ortigueira

Achégase unha das citas musicais do verán como é o 30 Festival de Ortigueira, tamén coñecido como o Festival celta de Ortigueira polo tipo de música que espera aos vixitantes que acuden ano tras ano a ver as súas actuacións. Esta edición preséntase co eslogan de ‘Lévalo dentro. Sínteo’.

En esta trixésima edición o plantel é do maís completo que podemos atopar en canto a variedade e procedencia dos grupos musicáis participantes, destacando cada día do festival algún grupo como ‘estrela convidada’.

Nesta edición, que será dende o día 17 de xullo ata o domingo 20, a presenza de diferentes países cos seus grupos está garantizada cmo podeds comprobar na web do evento http://www.festivaldeortigueira.com/, destacando como grupos máis coñecidos a presenza de Milladoiro o venres día 18 e The Chiftains o sábado día 19.

Nembargantes, tanto a xornada do xoves 17 como o resto das xornadas contarán cun plantel de gupos que fará as delicias de tódolos amantes da música celta que se animen a acudir a esta cita musical imprescindible no verán galego.

O domingo, como é o habitual, celebrarse o tradicional desfile de gaitas ‘Das Nacións Celtas’ no que por las rúas de ortigueira deixarase escoitar os sons das diferentes gaitas que estarán presentes, como serásn a Rondalla Helios de Bembrive, a Banda de gaitas de Melide, a Banda de gaitas de Ladrido, a Banda de gaitas Vila de Mieres, a Banda de gaitas Ximiela, a Bagad Kemper, a Banda de gaitas Lembranzas da Terra, a Royal Burgh of Renfrew pipe band ou a Escola de gaitas de Ortigueira.