A Deputación de Ourense entrega mochilas-botiquín para os clubs de baloncesto en Ourense

Manuel Baltar entrega as mochilas á Federación de Baloncesto

 

O presidente da Deputación de Ourense, acompañado polo asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, fixo entrega no Pazo provincial ao presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, e á secretaria da delegación en Ourense, María José Varela, de medio cento de mochilas-botiquín que a Deputación pon a disposición dos clubs de baloncesto da provincia de Ourense que participan nas distintas categorías da Copa Deputación. Esta entrega súmase á realizada por parte da Deputación o pasado mes de setembro á Delegación da Federación Galega de Fútbol en Ourense doutras 100 mochilas-botiquín, que foron destinadas a todos os clubs que participan na Copa Deputación de Fútbol. Con este acto a Deputación de Ourense quere amosar o seu apoio e colaboración co deporte provincial. Ademais dos elementos necesarios para curas de primeiros auxilios as mochilas-botiquín están equipadas con férulas hinchables que son utilizadas para inmobilizar determinadas extremidades en caso de lesión.

También te podría gustar...