109 persoas atendidas por 79 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de GaliciaFontes de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 indican que asistiron durante a fin de semana a un total de 109 persoas debido a 79 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, no tempo que vai dende as 15:00 horas do venres, 12 de setembro, ata as 23:59 horas do domingo, 15 de setembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 32 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 87 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 79 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 109 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60 e 40 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 47 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 39 anos.

Por provincias foi Ourense a que rexistrou menos accidentes con 7 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
27
Lugo
14
Ourense
7
Pontevedra
31
Galicia
79

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 111. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a 10 sinistros, o helicóptero medicalizado trasladou a dúas persoas, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 83 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove ocasións. As ambulancias concertadas rexistraron sete mobilizacións.

En 100 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

Fonte: Xunta

También te podría gustar...