• “Son a historia viva dos pobos e agora que está a desaparecer o rural é o momento de recopilalos”, dí este recoñecido mestre da música e da gaita
Foxo, de visita en Fontei

Foxo, de visita en Fontei

 

Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense, leva 15 años recopilando vellos cantares en pobos das comarcas de Valdeorras e  Viana coa finalidade de elaborar un cancioneiro da zona, concretamente un  por cada concello.

Cada cancioneiro consta de cantares de moitos pobos dunha amplia franxa xeográfica, dende Lardeira (Carballeda) ata o último pobo de Petín o A Veiga, ademais da citada comarca de Viana. E cada cantar leva letra e música.

“Os cantares son a historia viva dos pobos”, dí Foxo moi satisfeito deste laborioso estudo de recopilación e investigación.  Relata que “Valdeorras é unha zona moi rica  en cantares e cré que “iste vai ser un traballo importante para a comarca e o seu entorno”.

Neste momento, é o de Carballeda “o que está prácticamente rematado mentres que nos outros concellos, os cancioneiros os levo algo máis atrasados”.

Este mestre da música e da gaita, que conta cunha popularidade e traxectoria xa recoñecida en Galicia e fora das súas fronteiras, conta que “os cantares forman parte da nosa cultura.  Nos cancioneiros recopílanse cantares de Reis, de Nadal, de Entroido… e moitas coplas de cego que perviven na memoria dos maiores”.

Xosé Lois Foxo, director de la Real Banda de Gaitas de Ourense

Xosé Lois Foxo, director de la Real Banda de Gaitas de Ourense

 

Un dos pobos que califica de moi interesante é Outardepregos (O Bolo) pois os veciños desta localidade lembran moitos cantos, principalmente as coplas de cego. “Hai xente que vivía aiquí durante o inverno e no verán desprazábase para cantar por toda España. É moi curioso como a música de aiquí se exportaba ca voz dunha muller cega, que sempre levaba un acompañante cantora.  A cega de Outardepregos xa non vive, pero, por sorte,  sí as  persoas que acompañaron  no pasado e por iso recollín nese pobo moito material”.

Argumenta que isa muller cega iba por toda España como outros tantos cegos que se gañaron así a vida. “Hai outro cego na zona de Quiroga (Lugo) que tamén ía cantar a Andalucía e que deixou un importante legado. Precisamente, o Cancioneiro de Quiroga ten 300 páxinas e 4 CDs e será presentado no Filandón do Courel o próximo 7 de agosto”.

Foxo sinala que as coplas de cegos falaban de crímenes, “algo que gostaba e vendía moito”, liortas e actos luctuosos, entre outros temas. Estas coplas existen dende tempos inmemoriais, e difundíronse moito a partires da creación da imprenta. De feito dicíase que eran a literatura dos pobres, e que os libros eran a literatura dos ricos. E funcionaron moito despois da Guerra Civil”.

Foxo recobra así unha parte da memoria dos pobos a través do seus cantares.

Xosé Lois Foxo en Fontei (A Rúa)

Xosé Lois Foxo en Fontei (A Rúa)