Xornadas Ferroviarias na estación Baños de Molgas

O Inorde presenta as Xornadas Ferroviarias na estación Baños de Molgas.

  • As actividades desenvolveranse os días 22, 23 e 24 de outubro
Presentación das Xornadas Ferroviarias na estación Baños de Molgas

Presentación das Xornadas Ferroviarias na estación Baños de Molgas

 As Xornadas Ferroviarias na estación de Baños de Molgas que terán lugar os días 22, 23 e 24 de outubro, foron presentadas esta mañá no Pazo Provincial da Deputación de Ourense. No acto estivo presente o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o xerente do Inorde, Jose Manuel Rodríguez; e o coordinador das xornadas, Francisco Gil.

“Tras o bo resultado do proxecto europeo “Estaciones Vivas”, foi concedido ao Inorde un reforzo financeiro para realizar novas accións como estas xornadas ferroviarias”, asegurou Rosendo Fernández, e engadiu, “teñen como obxectivo apostar pola promoción turística das Estacións en base aos usos para os que foron dotadas”, dende auténticos museos itinerantes de tradición e paixón, ata a recreación da historia do ferrocarril, pasando por unha homenaxe a Moncho Borrajo, xunto con outras estacións dedicadas a albergues turísticos.

Este proxecto que está cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP), consistiu na rehabilitación de seis infraestruturas ferroviarias en desuso, na provincia de Ourense e o Funicular de Santa Luzia en Viana do Castelo, “co obxectivo de dotalas de valor e permitir a súa sostibilidade futura”, afirmou o presidente do Inorde.

En canto á programación das xornadas vanse tratar “distintos aspectos que están relacionados co mundo do ferrocarril dende o punto de vista etnográfico, histórico, cultural e patrimonial”, asegurou Francisco Gil. Entre as actividades do día 22 atópase a inauguración das xornadas, unha proxección comentada polo autor do documental “Carrilanos, los túneles de un tiempo”, así como un debate. Ao día seguinte terá lugar a fabricación de ferrocarrís en miniatura, unha mesa redonda, a visita ás Estacións do Inorde, entre outras actividades que se contemplan no programa. O día 24 os participantes terán a opción de facer un recorrido turístico pola Ribeira Sacra.

También te podría gustar...