• O prazo para  presentar as solicitudes finaliza hoxe mércores, 23 de novembro, e o número de prazas son 240 para toda a Comunidade galega
Centro Social do Barco, onde tamén informan do programa

Centro Social do Barco, onde tamén informan do programa

 

Unha media de cinco persoas de O Barco que están soas solicita cada ano participar no programa galego “Xuntos polo Nadal”, que desenvolve a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

O programa, que contempla unha estancia nunha residencia de tempo libre durante 11 días,  é para todos os veciños de Galicia e ten un total de 240 plazas.

Fontes consultadas apuntan que “son persoas que pola razón que sexa non teñen familia, amigos ou perderon o seu cónxuxe. Pero ten demanda en O Barco e noutros concellos de Valdeorras”.

Residencia-1-300x194

Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense)

 Este ano, os beneficiarios de 120 prazas do  programa de Valdeorras, a provincia de Ourense e A Coruña, pasarán o Nadal na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense), mentres que  as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedrá, estarán na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra).

“Xuntos polo Nadal”  levarase a cabo entre o 23 de decembro de 2016 e o 2 de xaneiro de 2017 , e comprende a estancia na residencia durante 11 días (10 noites);  aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa; desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa; e, finalmente, actividades de animación sociocultural.

Eso sí, os participantes teñen que reunir uns requisitos como ter 60 anos, estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio; ter que pasar só/a as datas do Nadal e valerse por si mesmo e non estar nunha residencia. Para a selección se teñen en conta outros parámetros como os ingresos, por exemplo.

O prazo de presentación e ata hoxe mércores, 23 de novembro incluído, nos servizos sociais dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Política Social.

 

Cheminea do Centro Social do Barco

Cheminea do Centro Social do Barco