Unha historia de amor e de vida entre farina e muiñeiras no Avenida

  • Mañá domingo 27 de Novembro ás 19:00 horas volve a actividade ao Centro Cultural Avenida co oespectáculo «Moendo Muiñeiras»
  • O prezo da entrada restrínxese aos prezos públicos habituais do Centro Cultural Avenida: 4€ a entrada normal e 3€ a reducida

moendomuneiras

 

Moendo Muiñeiras é un proxecto de Xabier Iglesias que baixo a dirección de Paloma Lugilde mestura teatro, danza e música ao longo de 60 minutos de ledicia recomendados para todos os públicos a partires dos 9 anos en diante.

Moendo Muiñeirias é un espectáculo que xira ao redor da muiñeira no que, como sinalamos, se misturan a partes iguais teatro, danza e música. Os protatonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa; levados por unha apaixoante trama ao ritmo de zanfona e violín.

 

Sinopse:
Que pasaría se recibises unha carta anunciándoche que herdas un antigo muíño? Unha parella de mozos urbanitas ve cambiada a súa vida ao voltar ás súas orixes. Uxía, moza de Brais, herda un muíño de Xosé, alcumado O muiñeiro. Neste muíño pasarán cousas aparentemente inxeplicábeis que pouco a pouco se irán comprendendo ate descubrir a historia dos seus verdadeiros avós; Sofía e Xocas. Unha historia de amor, de vida, de baile e de música acontecida en 1936 entre fariña e muiñeiras.

moendomuinheiras

 

Equipo artístico:
Uxía/Sofía: Montse RiveraXocas/Brais: Xabier Iglesias
Xosé o muiñeiro/guerrilleiro: José Varela
Voces en off: Paloma Lugilde, Carlos Díaz

Equipo técnico:
Luces e son: Alfredo Sarille
Creacións musicais para o espazo sonoro: Carlos Díaz
Música en directo: José Varela
Coreografías baile tradicional e cantos: Xabier Iglesias, Montse Rivera
Construción muíño: Jorge Illán
Unidades didácticas: Xabier Iglesias, Montse Rivera, José Varela, Paloma Lugilde
Fotografía e vídeo: Bruno Máez
Dramaturxia, deseño de espazos e dirección: Paloma Lugilde
Produción: Xabier Iglesias.

 

 

También te podría gustar...