Tributo a Sabina na Rúa

  • Concerto acústico tributo a Sabina a cargo de Andrés Montes
  • Hoxe no Bravo Lux ás 21:30 h e con entrada de balde

O título do espectáculo é «Aves de Paso», un tributo a Sabina do coñecido músico Andrés Montes.

Montes repasa o repertorio de Joaquín Sabina e interpreta aqueles temas que marcaron a súa vida pero que a ben seguro tamén deixaron un pouso e moitos dos seus seguidores e público que asista o sábado ao Bravo Lux.

Montes leva anos no mundo da música, tocou en bandas como «Noite Pecha», «Nus», «Matiz», «Cristian Escuredo», «CastroyMontes» ou a actual e moi de moda «Gin Toni’s». Un músico con talento e con gran empatía para conectar co público.

ave-de-paso_andres-montes

También te podría gustar...