Traballo e Benestar coordina as súas actuacións con Cruz Vermella en materia de emprego e inclusión

image_gallery

 

A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González; e a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, mantiveron onte un encontro de traballo coa directora de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro, para abordar diferentes liñas de colaboración entre a entidade e o departamento autonómico.

En concreto, acordaron continuar coa estratexia coordinada que veñen desenvolvendo nos últimos anos, tanto en materia de inclusión, como de emprego, dous piares fundamentais tanto para a Consellería de Traballo e Benestar como para Cruz Vermella, que consideran que un posto de traballo é unha das ferramentas de inclusión fundamentais.