Son de Trives alerta do deterioro da Torre do Reloxo

  • O grupo municipio solicita ó Concello que poña en práctica un plan de protección de bens de interese turístico, cultural e histórico

Son de Trives, grupo municipal que representa Jorge Vázquez Rodríguez, lamenta o estado de abandono e deterioro no que se atopa a Torre do Reloxo, un dos referentes turísticos máis emblemáticos do municipio de Trives.

foto2

 

Son manifesta a súa preocupación polo estado no que se atopa a citada torre, xa que, “a pesares de ter testos con flores bonitas ao redor, no interior vese claramente cómo reina o lixo, a suciedade, estanterías baleiras… e un reloxo que non funciona desde fai moito tempo”, argumenta.

Lembra que a construción da Torre do Reloxo prantexouse con fins esencialmente turísticos, para converter esa zona nun espazo emblemático de Trives, ampliando así a oferta turística do concello.

Precisamente, o turismo  é un importante motor económico para Trives, expón Son de Trives, “algo que ninguén o discute, mais, vese unha clara contradicción entre o dito e o feito”.

foto1

 

Son de Trives di que o alcalde, Francisco José Fernández Blanco, en nome da equipa de goberno, que lidera a Agrupación Trivesa Independente (ATI), ten manifestado moitas veces que quere un concello turístico, que o nome de Trives sexa coñecido por tódalas partes e que os turistas desexen volver. Pero, expón, “dado o mal estado no que se atopan certos lugares turísticos coma a Torre do Reloxo, desde Son de Trives amosamos unha fonda preocupación, instando ao grupo de goberno a tomar medidas no asunto e a por en practica un plan de protección de bens de interese (turístico, cultural, histórico…) para que, non so as persoas que van facer turismo, senón, os/as propios/as veciños/as de Trives se sintan orgullosos/as da fermosura, boa conservación e xestión do seu patrimonio histórico-cultural”, conclúe.

También te podría gustar...