Sen incidencias e pleno cumprimento dos servizos mínimos no CHUO na xornada de folga

O paro foi seguido polo 9,4% dos 467 profesionais convocados hoxe a folga polos sindicatos CESM-OMEGA.

  • Pese ao limitado seguimento a Dirección do CHUO lamenta a incidencia deste paro nos pacientes que viron as súas consultas ou intervencións suspendidas
  • O longo dos vindeiros días procederase á reprogramación das intervencións cirúrxicas suspendidas e a dar nova cita para as consultas e probas no menor espazo de tempo posible
CHUO. Por Rafael

CHUO. Por Rafael

A convocatoria de folga médica por parte dos sindicatos CESM-OMEGA no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para hoxe tivo un reducido seguimento, un 9,4%, con 44 profesionais que secundaron o paro sobre o total de 467 traballadores convocados, nunha xornada sen incidencias e de pleno cumprimento dos servizos mínimos, que permitiron garantir a asistencia urxente e de pacientes ingresados.

Pese ao limitado seguimento, a Dirección do CHUO lamenta a incidencia deste paro sobre os pacientes, xa que a folga provocou a anulación de 13 intervencións cirúrxicas das 59 programadas hoxe. Asemade, suspendeuse o 6,4% das consultas e o 1.8% das probas radiolóxicas programadas hoxe.

O longo dos vindeiros días procederase á reprogramación das intervencións cirúrxicas suspendidas e a dar nova cita para as consultas e probas, no menor espazo de tempo posible, tendo en conta a complexidade e volume da programación de consultas

Por último, a Dirección do CHUO desexa enviar unha mensaxe aos sindicatos convocantes para que reconsideren a súa postura, invitándolles ao dialogo e ao consenso, para evitar que as reivindicacións laborais, dunha parte do colectivo médico, continúen a afectar aos pacientes con mais suspensións de consultas e intervencións.

También te podría gustar...