O conselleiro de Cultura, Educaci—n e Ordenaci—n Universitaria, Rom‡n Rodr’guez, acompa–ar‡ a XosŽ Neira Vilas na presentaci—n do novo libro Semente galega en AmŽrica. TamŽn asistir‡ o secretario xeral de Pol’tica LingŸ’stica, Valent’n Garc’a.

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quixo acompañar onte ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas na presentación do seu novo libro “Semente galega en América”, un catálogo de galegos e galegas aos que o crucense máis universal homenaxea por deixaren a súa semente creadora e innovadora nas terras de alén do Atlántico. Ao longo das súas páxinas, o autor destaca neste libro, editado por Bolanda, a débeda de América con Galicia como terra de promisión de forza, de saber e de xenio creador da emigración galega

“Benvido sexa este novo libro de Xosé Neira Vilas, quen, con erudición medida e emoción vizosa, nos está a enriquecer a nosa mirada sobre a presenza de Galicia en América, a través do periplo intelectual que nos propón con Semente galega en América”, destacou Román Rodríguez durante a súa intervención.

No acto de presentación participaron, amais do conselleiro e do escritor, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director de Edicións Bolanda, Antonio Couto; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo.

Un singular catálogo de galegos e galegas
No libro, no que o autor, con trazos curtos e coloristas ao xeito dos pintores impresionistas, esbózanos a traxectoria de cen persoas de orixe galega que deixaron a súa semente creadora e innovadora nas terras de alén do Atlántico, contribuíndo así ao avance de América desde os seus lugares de destino no Golfo de México, Guatemala, Nicaragua, Venezuela, Perú, Paraguai, Chile, Estados Unidos, Porto Rico, Cuba, Brasil, Uruguai ou Arxentina. Polas páxinas de “Semente galega en América” pasan pintores, músicos, fotógrafos, naturalistas, cartógrafos, mestres… e tamén inventores como o mecánico Manuel Iglesias, creador do primeiro coche arxentino; o enxeñeiro Sindo Seixido, que deseñou en Cuba a máquina Libertadora coa que se mecanizou a colleita de cana de azucre, ou o estradense Ramón Verea, que ideou a primeira calculadora.

En definitiva, o célebre escritor trata nesta nova obra a temática da débeda de América coa emigración galega, desde a perspectiva novidosa da realidade da emigración que se afasta da narración clásica e tradicional que tendeu a poñer o acento na condición de terra de promisión dos países americanos e esqueceu, tantas veces, que todo o continente se beneficiou da forza, do saber e do xenio creador destes homes e mulleres. Mais, asemade, sobre o libro de Neira Vilas paira unha segunda representación da emigración non menos importante: a semente posta e agromada en América foi unha oportunidade perdida para a propia Galicia, un drama de dimensións aínda non ben cuantificadas que convén hoxe ter moi presente.

A presenza de Galicia en América é tema recorrente na bibliografía de Neira Vilas. Non é de estrañar este regreso ás Américas, pois é sabido que poucos escritores vivos coñecen mellor ca el a intrahistoria das diferentes vagas migratorias galegas ao continente americano durante o pasado século. Faino co rigor de quen coñece profundamente a materia e aborda a cuestión coa proximidade emocional de quen viviu en carne propia a experiencia da emigración.