Diplomas OU

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou no acto de clausura e entrega de diplomas ao segundo e último grupo de alumnos que participaron no programa integrado de emprego ‘Ourense:Emprego e Formación” da cidade das Burgas no que participaron un total de 70 persoas, na súa maioría con baixa cualificación. Esta actuación acadou que o 45% dos seus participantes atoparan un posto de traballo, en concreto o número de insercións cífrase en 32.  Ao acto asistiu tamén o concelleiro de Emprego da capital, José Angel Barquero.

Diplomas Ourense