Concerto  Coral Ruada

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu onte á tarde, no Auditorio Municipal, ao concerto que a Coral de Ruada ofreceu xunto cos coros infantís de tres colexios ourensáns cos que esta agrupación cultural está a colaborar. Así esta senlleira institución musical interpretou varios temas en solitario e outros conxuntamente cos coros dos colexios Padre Feijóo-Zorelle, Miraflores e Curros Enríquez. Esta actividade forma parte do IX Certame “De Ruada”-Festas de Ourense 2015.

A Xunta de Galicia hai dous anos concedeulle á Coral de Ruada a medalla Castelao pola súa traxectoria dedicada á conservación da tradición e da cultura popular ourensá e galega a través da excelencia artística e musical.