Rogelio Martínez asiste á Festa da Anguía no concello ourensán de Castrelo de Miño

image_gallery (2)O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu o martes pola tarde ao acto de inauguración da Festa da Anguía de Barral, no concello de Castrelo de Miño. A anguía frita ou en empanada convértese durante tres días nun importante reclamo para numerosas persoas que en cada edición, e xa van 21, non desaproveitan a ocasión de degustar este prato. Esta cita gastronómica, que se prolongará ata o xoves, celébrase coincidindo coas festas patronais desta localidade ourensá na honra da Virxe das Neves.

También te podría gustar...