Pirólisis
Dende Riada Cidadá coidan que ‘O alcalde do Barco de Valdeorras, disposto a caer nas garras de SOGAMA’.
Indican que SOGAMA é a empresa “pública” coa que Alfredo García Rodríguez ‘vaise a sentar a falar para decidir a xestión futura dos lixos no Barco, segundo anunciou o alcalde socialista fai poucos días nun diario local’.
Riada Cidadá indica que ‘esta empresa debería investir 16 millóns de euros para construír unha planta deshidratadora por pirólisis que daría servizo a varios concellos’.
A idea parece estupenda, pero trátase dun método moito máis custoso e contaminante que o das incineradoras tradicionais , no que ata un 8% dos residuos deben acabar nun vertedero. Nin sequera está comprobada a súa aplicación ao tratado de residuos sólidos urbanos. Sería, xa que logo, un experimento carísimo cuxas emisións de gases non son seguras e poñen en risco a saúde das persoas e o medio ambiente.
Inciden en que ‘no debate do xoves pasado, o actual alcalde pintouno todo de rosas e falou dun concello sostenible, pero algo cheira moi mal’.
Advirten que vinte concellos galegos con gobernos socialistas negáronse a pagar a SOGAMA un sobrecusto exorbitado, e chámano de feito o “tasazo”. Tamén en Lugo capital han ter problemas con esta empresa, que curiosamente está participada nun 49% por Gas Natural.
Consideran que ‘trátase do expolio dun ben público para enriquecer aos mesmos de sempre, gravando ata o límite as facturas que deben pagar os cidadáns’.
E engaden: ‘O mesmo que está pasando actualmente co Consorcio de Augas de Valdeorras. O alcalde de O Barco négase a falar de ambos temas. E os únicos prexudicados son, como sempre, as veciñas e veciños’.