Riada Cidadá considera que ‘O Barco necesita un transporte público eficiente’

microbusOK copia

 

Dende Riada Cidadá consideran que o Concello de O Barco ten un problema na articulación da mobilidade veciñal, só resolto a través do uso do transporte individual, que é o máis caro para o conxunto da poboación.‘É unha grave deficiencia, que nos foi reiteradamente comentada polos veciños nas nosas visitas a os barrios e aldeas’.

Neste senso, Riada Cidadá propón, no seu programa, incrementar as partidas dedicadas ao gasto social como o eixe fundamental para combater a desigualdade que se está a dar entre os veciños en función dos ingresos familiares ou da súa adscrición ao mundo rural. A mobilidade é unha destas deficiencias a corrixir.

Consideran que os habitantes das aldeas e os dos barrios periféricos da vila padecen de maneira máis acusada as dificultades de desprazamento para exercer os dereitos sociais da sanidade, da educación ou da dependencia, e os servizos que lle pode ofertar unha sociedade democrática.

Ante este aillamento, propoñen artellar unha rede de transporte público encamiñada preferentemente a os sectores con maiores dificultades de mobilidade: veciños do medio rural e veciños dependentes, desempregados e colectivos en resgo de exclusión social. O transporte público ten que ser un factor integrador.

Por iso, porán en funcionamento un servizo que recorra semanalmente os núcleos de poboación para  que os habitantes podan desprazarse comodamente a O Barco. E tamén pretenden que o Concello se implique en racionalizar e impulsar un sistema de transporte interurbano axeitado as necesidades dunha sociedade do século XXI. ‘Non pode ser que a estación de autobuses este infrautilizada, con escasos destinos, e o transporte de ferrocarril de proximidade languideza ante a desidia dos poderes públicos’.

También te podría gustar...