Reclamos turísticos de Galicia na ‘Irish Magazine’

  • Xornalistas da publicación irlandesa ‘Irish Magazine’ visitan Galicia para dar a coñecer a súa oferta turística
  • Os viaxeiros procedentes de Irlanda medraron un 24,29% no primeiro cuadrimestre do ano en relación ao mesmo período de 2015
  • Dos 262.516 peregrinos que chegaron a Compostela en 2015, 5.367 foron desa nacionalidade, o que supón un 2,04% do total

tg_carrusel_cabecera_grande

 

Un xornalista e un fotógrafo da publicación irlandesa Irish Magazine visitarán Galicia nos próximos días co obxectivo de coñecer parte da oferta turística da Comunidade galega.

Esta viaxe, organizada por Turismo de Galicia, ten como finalidade dar a coñecer o destino galego e a súa oferta turística en Irlanda, país do que cada vez proceden máis visitantes para a Comunidade.

Neste sentido, nos primeiros catro meses do ano 2016, visitaron Galicia un total de 7.010 persoas procedentes deste país, fronte aos 5.640 do mesmo período do ano anterior, o que supón un incremento do 24,29% nos turistas procedentes de Irlanda.

Os periodistas convidados coñecerán de primeira man os reclamos turísticos da Comunidade e plasmarán a súa experiencia en varias reportaxes que se publicarán na referida revista para explicar Galicia como destino aos seus lectores.

O obxectivo destas viaxes é conseguir un mellor coñecemento da oferta existente nun lugar a nivel turístico e así poder contalo dende un punto de vista persoal e reproducindo experiencias de forma directa e detallada.

Incremento de peregrinos irlandeses

En canto ao Camiño de Santiago, dos 262.516 peregrinos que chegaron a Compostela en todo o ano 2015, 5.367 foron irlandeses, o que supón un 2,04% do total de peregrinos recibidos.

As previsións para 2016 apuntan a que esa cifra será superior posto que no que vai de ano xa se contabilizaron máis de 3.600 peregrinos desta nacionalidade, o que supón un 2,5% máis que no mesmo período do ano anterior e un 2,8% do total de peregrinos que chegaron a Compostela.

También te podría gustar...