• Está organizada pola Comisión de Festas da localidade e contará con animación continua de grupos e charangas, autobús dende Viana e zona de acampañada libre

 

Cartel

Cartel

Punxeiro, localidade domunicipio de Viana do Bolo, celebra o vindeiro 8 de outubro a súa Festa da Vendima cunha Ruta das Adegas. O precio da entrada será de 10 euros por persoa (pode adquirise de forma anticipada na Ferretería Bibei ou tamén no Súper Triskel) aínda que tamén poden comprarse o propio día da festa, a partires das 17,00 horas. Os participantes poderán degustar viño novo e pinchos da zona.

As 18,30  xa se podrá recoller a taza e o pano. Logo, as 19,00 horas, será a leitura do pregón. Haberá charangas a cargo de “Fuego”, “Xente moza” e “Os Bertolini” e actuarán os grupos “Assia” e “Nebraska”. Para pechar a festa, desenvolverase unha actuación dos Djs:  Eric  Macía e Tariro.

Punxeiro contará cunha zona de acampada libre para todas as persoas que queiran desplazarse a vivir esta festa tan especial que ensalza a cultura do viño. Ademais, haberá autobuses dende o concello de Viana, as 17,00 horas na Praza Maior, que voltarán a esta localidade ó fin de festa.

A Festa da Vendima está organizada pola Comisión de Festas de Punxeiro e colabora o Centro de Animación de Punxeiro e tamén o Concello de Viana.