Preto de 60.000 euros para a adecuación e posta en valor do espazo forestal periurbano de Montealegre

  • Medio Rural destinará preto de 60.000 euros á adecuación e posta en valor do espazo forestal periurbano de Montealegre, Ourense
  • A conselleira, acompañada polo alcalde da cidade, presentou onte as obras que se levarán a cabo nos vindeiros meses
  • Ademais da creación de sendas peonís e instalación de mobiliario, tamén se procederá á plantación de especies arbóreas singulares e levarase a cabo un tratamento de eliminación de especies invasoras

prg58_4A Consellería do Medio Rural destinará preto de 60.000 euros na adecuación e posta en valor do espazo forestal periurbano de Montealegre, sito no concello de Ourense. Así o destacou esta mañá a titular deste departamento, Ángeles Vázquez, acompañada polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez, na presentación das obras.

Ángeles Vázquez destacou que antes do verán comezarán as obras para ampliar e acondicionar este parque, co obxectivo de que a cidadanía poida gozar desta zona, con especial atención á práctica de deportes, como o sendeirismo, e o lecer en xeral. Neste senso, cómpre destacar a incidencia positiva deste tipo de complexos ao aire libre, posto que supoñen unha mellora ambiental da propia cidade.

Amais, engadiu, trátase dun espazo de 146.340 metros cadrados caracterizado pola súa excepcional riqueza natural e polas súas peculiaridades antropolóxicas e biolóxicas, que se verán reforzadas pola plantación de especies singulares.

Xunto co director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, a conselleira explicou a natureza das obras a executar, que consistirán na creación de sendas peonís e instalación de mobiliario (mesas e bancos, papeleiras, carteis informativos, etc). Tamén se levará a cabo un tratamento para eliminar as posibles especies invasoras presentes na zona.

Esta actuación enmárcase dentro da posta en valor das zonas forestais periurbanas de diferentes cidades galegas, co fin de mellorar o seu aproveitamento por parte da cidadanía e, ao tempo, potenciar os seus valores ambientais e paisaxísticos.

 

También te podría gustar...