Presentación do videoclip “SMILEY WATER”, proxecto solidario internacional

En Expourense terá lugar hoxe xoves, 10 de decembro as 13:00 horas, a presentación do videoclip do proxecto solidario internacional “SMILEY WATER”, unha iniciativa de “termalismo solidario” en favor dos nenos refuxiados creada polo coro do Colexio Padre Feijoo Zorelle na que colabora o compositor Alejandro Abad, e que conta co apoio da Deputación de Ourense, Cruz Vermella, Expourense, Termatalia e balnearios de 15 países.

O obxectivo do proxecto é amosar a solidariedade e facer unha chamada de apoio e sensibilización a todo o mundo en defensa dos nenos refuxiados. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o compositor Alejandro Abad; o presidente de Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro; o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín; e o director do Colexio Padre Feijoo-Zorelle, Honorato Losada Zorelle.

Foto: Presentación Proxecto SMILEY WATER. 25/09/2015

Foto: Presentación Proxecto SMILEY WATER. 25/09/2015

También te podría gustar...