Foto: Deputación Provincial de Ourense

Foto: Deputación Provincial de Ourense

Na Sala de Xuntas do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do V encontro de Bandas de Gaitas.

O acto, que vai ser ás 10:30h, contará coa participación do asesor de Cultura da Deputación, César Fernández; o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; o concelleiro de Cultura de Ribadavia, José Prieto, e o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco.